BAJOFONDO: mar dulce

bajofondo-mar-dulce-front.jpg

preme na imaxe se che interesa descargar o disco

Co simple nome de Bajofondo, abandonado xa o apelido de Tango Club, o proxecto desenvolvido por Gustavo Santaolalla, Juan Campodónico e Luciano Supervielle, entre outros, protagonizan este segundo episodio da súa produción común.
Mar Dulce é o nome do seu segundo disco que saíu á luz o pasado mes de marzo de 2007, e conta con colaboracións de auténtico renome: Gustavo Cerati, Elvis Costello, Nelly Furtado, Juan Subirá (teclista de Bersuit Vergarabat), a falecida cantante uruguaia de tangos Lágrima Ríos (coa súa última gravación antes de morrer), La Mala Rodríguez, ou ou bandoneonista xaponés Ryota Komatsu, entre outros, participaron coa grei musical de Santaolalla na elaboración deste proxecto.
Esta nova colección de electro-tango producido polos propios Campodónico e Santaolalla, gravouse tocado como banda nos estudos ION de Bos Aires. Construíron unha bonita e ecléctica tinguidura que impregna co seu matiz río-platense diversos tecidos como o hip-hop, o jazz, a word-music ou o pop máis convencional. O resultado é un camiño longo, con multitude de altos e baixos, para escoitar con tempo e coa paciencia precisa para ser indulxente cos xenios.


Bajofondo son:
Gustavo Santaolalla (guitarra e voz), Juan Campodónico (programación), Luciano Supervielle (piano e dj), Javier Casalla (violín), Martin Ferres (bandoneón), Gabriel Casacuberta (contrabaixo), Verónica Loza (vj) e Adrián Sosa (batería).

Deixe uma Resposta