FIB 2008: nin R.E.M., nin Radiohead
Anunciabamos hai tempo que a organización do Festival Internacional de Benicássim estaba a traballar para poder contar como cabezas de cartaz para a edición do 2008 con R.E.M., Radiohead, Dylan e Nick Cave. Pois ben, a falta de futuras sorpresas dúas destas posibilidades xa esvaeceron. Radiohead anunciou que, polo intre, o único concerto que ten pensado dar no estado na súa xira de presentación de In Rainbows é o que ofrecerá en Barcelona con motivo do Daydream Festival o vindeiro xuño. Pola súa parte R.E.M. desvelou recentemente as datas previstas para a súa xira europea con motivo da presentación de Accelerate (traballo que sairá á venda o 31 de marzo), e non hai ningún concerto previsto na península.
As bandas e artistas que polo de agora están confirmados para a cita castellonenca son as relatadas arriba; isto é o que hai mentres agardamos polos pratos fortes.

Fevereiro 15, 2008 às 2:33 pm
Como siempre llego aqui y mi ignoracia musical queda patente…gracias por dar un poco de luz en ella …y por pasar por paxaradas
Saludos