CONCERTO: ataque escampe+chotokoeu+ultraqans
Maio 12, 2008A partires das 20 horas deste próximo mércores 13 de maio, no aparcadoiro da Facultade de Filoloxía da Coruña, haberá un triplo concerto a cargo de:
· Ataque Escampe: Grupo auto-denominado como de “rock de serie B” formado en Compostela e integrado por xente procedente de diversas partes do país. A destacar o eclecticismo do seu son e a ácida retranca das súas letras. Veñen de presentar recentemente o seu disco Galicia es una Mierda.
· Chotokoeu: Banda de fusión desde A Coruña, cun obxectivo claro: ofrecer unha boa de festa a base de rumba, ska, reggae e outras herbas. O seu repertorio comprende desde temas instrumentais ata outros con textos propios.
· Ultraqans: banda de spiz-folc desde A Coruña, integrada por Antom Papaqueijos, Fram Amil, Tino Papaqueijos e Aarom.
O concerto é de balde e haberá buses desde as oito ata o remate do evento.

