TELEPHONES ROUGES+LOS SANTOS+DIADERMIN+THE
Maio 19, 2008Este vindeiro sábado 24 de maio poderedes, se vos presta, gozar dun cuadruplo concerto no Pub Velvet da Coruña (aínda que no cartaz poña Playa Club, o concerto trocou de ubicación), onde poderedes percorrer nunha viaxe iniciática o lado máis bizarro do panorama musical galego. Polo módico prezo de 5 euros terase a posibilidade de ver e escoitar a:
· Telephones Rouge: rock contemporáneo desde O Grove.
· Diadermin: Parella Lo-Fi/electrónica/punk desde Boiro e Rianxo.
· Los Santos: Desde Sada ”a mellor banda de rock´n´roll de Galiza”, que interpretará o seu lúcido e sereno punk-twist.
· The: a banda máis veterana da escena underground galega.
Non sexas animal e asiste (se non tes outra cousa mellor que facer, claro).

