Nesta nova edición de Se copias non me enganas a min, engánaste a ti, como cada xoves no Malas Músicas, imos relaxarnos un pouco e fuxir da polémica escoitando Lady Madonna, de The Beatles e Bad Penny Blues de Humphrey Lyttelton. E digo que imos fuxir da polémica porque ainda que os temas estarán emparellados de por vida, nin se trata dunha copia descarada (só unha inspiración no ritmo e melodía iniciais) nin a historia rematou nos tribunais en medio de pleitos e demandas, como acontecía nas historias que até o de agora tratamos.
Lady Madonna é unha canción escrita por Paul McCartney e acreditada a Lennon/McCartney. Foi editada como sinxelo o 15 de marzo de 1968 no Reino Unido, con The Inner Light na súa cara B. Foi gravada nos estudios EMI en dúas sesións os días 3 e 6 de febreiro do ano 1968, antes de que a banda iniciase a súa viaxe á India.
O son do piano desta canción foi tamén inspirado por un rock-blues de Fats Domino de 1950.
Humphrey Lyttleton foi un trompetista de jazz nacido en Buckinghamshire (Inglaterra) e considerado un dos piares do revival do dixieland en Gran Bretaña.
Bad Penny Blues foi un éxito de 1956, producido por George Martin.


