BERSUIT VERGARABAT en concerto

22 Out

SALA CAPITOL (COMPOSTELA )

Sábado, 27 de outubro de 2007, ás 22:00 horas.

Enderezo: 
Concepción Arenal 5
15702. Santiago de Compostela.
A Coruña.

Como chegar:

Bus
Autobuses Urbanos nº
2, 4-9, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 15, 26, U2, U3
Aparcamentos
Praza de Galicia: 981 586 887
San Clemente: Rodrigo de Padrón, 981 573 470
Hórreo: Alfredo Brañas 981 595 900
Taxis
Paradas de taxis máis próximos á sala
Pza. Galicia, tlf. 981 56 10 28
Porta Faxeira, tlf 981 58 59 73
Pza. Roxa, tlf. 981 59 59 64


. bersuit_vergarabat-testosterona-frontal.jpg   

 pincha sobre a imaxe para descargar o seu último disco

Bersuit Vergarabat é un grupo arxentino que tras uns primeiros discos de rock máis puro, derivou desde finais da década dos noventa cara a ritmos máis latinos como a cumbia, o cuarteto, a chacarera ou o candombe, sempre cunhas letras ácidas cheas de retranca. A banda formouse no 1992, a partires de Henry y la Palangana; hoxe en día forman parte dela: Gustavo E. Cordera (voz), Juan Carlos Subirá (teclados, acordeón e voz), Carlos E. Martín (batería e percusión), Óscar Humberto Righi (guitarra), Rene Isel “Pepe” Céspedes (baixo e voz), Daniel Suárez (voz e coros), Alberto Verenzuela (guitarra), e Germán “Cóndor” Sbarbatti (voz, coros e charango). En homenaxe aos internos da residencia psiquiátrica do Hospital Municipal José Tiburcio Borda de Buenos Aires, vestían sempre en escena o seu pixama, que acabou por converterse nun dos símbolos da banda; a difundida historia do internamento de Cordera no mesmo é unha lenda urbana, pero a afinidade da banda cos fenómenos da tolemia e a marxinalidade é innegábel. O “look” dos pixamas como o mesmo Cordera  explicou tamén xurde como unha parodia aos roupaxes de coiro que usan os grupos normalmente vinculados co rock e heavy metal.

Están fortemente vinculados ao produtor Gustavo Santaolalla, un dos grandes do rock en español, con quen traballan desde o LP Libertinaje.

Entre os seus éxitos máis famosos, destacan: “El Tiempo no Para” (Cazuza),”Yo Tomo”, “Se viene”, “Señor Cobranza” ou “La argentinidad al palo”.

Cabe destacar que, gracias ao dobre CD titulado “La argentinidad al palo”, a banda recibiu o respeitado Premio Gardel de Ouro 2005, así como outro galardón polo Mellor Álbum.

Unha das cancións, El Tiempo No Para do álbum Y Punto… (e gravada en vivo en De la Cabeza), é o cover de O Tempo Não Para, do músico e poeta brasileiro Cazuza, que morreu de SIDA en 1990. O 12 de maio de 2007 tocaron no estadio de River Plate fronte a 66.000 persoas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: