BABYSHAMBLES: Shotters Nation

24 Out

Babyshambles é unha banda de rock da que forma parte o ex-membro de The Libertines, Pete Doherty. Foi formada en 2003, cando aínda tocaba coa banda antes mencionada. Tras a súa separación, en 2004, realizou unha enorme xira por Gran Bretaña. O seu sinxelo Killamangiro chegou a ocupar o número un en varias listas de popularidade británicas.
No verán de 2005, o grupo meteuse ao estudo para gravar o seu primeiro disco de longa duración, Down in Albion, producido por Mick Jones. O primeiro sinxelo deste álbum Fuck Forever tivo unha impresionante acollida no Reino Unido, con miles de copias vendidas ata antes do seu lanzamento o 27 de xullo de 2005.
Pete Doherty foi obxecto de polémica no súa Inglaterra natal desde a súa separación de The Libertines. Os tabloides tivérono desde entón nas súas primeiras planas, xa sexa polos seus problemas de drogadicción ou polo seu intenso romance coa supermodelo Kate Moss.
No 2006 editaron o EP The Blinding e en outubro do 2007 lanzaron o seu segundo LP, chamado Shotter’s Nation.

  

 00shottersnation-cover.jpg

 fai click na imaxe para descargar o disco

 

 

¿Existe música máis aló do escándalo? Detrás do fenómeno mediático que enche portadas da prensa amarela agóchase unha banda de rock; este Shotters Nation ofrece contadas muxicas de lucidez dunha formación que habita na decadencia máis agónica, tanto na música como na actitude, e salta desde o punk morriñento de Delivery aos taquicárdicos riffs de UnBilo Titled, pasando plo histerísmo alucinóxeno que agroma de Side Of The Road. Para escoitar en estados alterados de conciencia.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: