castañazo rock

24 Out

castana.gif

A Asociación Cultural “O Castanhazo” presenta o Sábado 3 de Novembro de 2007 no mercado gandeiro de Chantada (Lugo), o CASTAÑAZO ROCK, e o dia anterior, o venres 2, actuación de Trifulca e acto seguido Jam Session na discoteca Mogay a partir das 12:00hs da noite.

O Sábado estará cheo de actividades ao redor do mundo da música:

Às 16:40hs. no Hotel Mogay, exclusiva mundial, presentación do disco “120
Capadores”, homenaxe aos Diplomáticos de Monte-Alto.

No disco participan: Pulpiño Viascón, Zënzar, A Matraca Perversa, Banda Potemkin,  Festicultores, Ruxe-Ruxe, Os Rastreros, Galegoz, Safari Orquestra, Sonoro Maxín, A Compañía do Ruído, Cuchufellos, Dixebra, Nao, Trapalhada, 3trebóns, Uli jarbanzo, Sonora Callejera, Taru e os páxaros coiro, Transportes Hernández y Sanjurjo, Lamatumbá, Estridentes, Cenk.

Despois darase paso a unha mesa redonda con o título: BRAVÚ: PASADO PRESENTE NO FUTURO
A temática versará sobre a situación da música galega anteriór a aparición do Bravú e de cómo este influíu no panorama musical e de outras artes, ata os nosos días. Tamén como creen que respira e respirará nuns nos a escena musical galega.
Todo esto visto dende fóra, dende dentro, e aderezado coas múltiplas experiencias e anécdotas que tiveron os protagonistas
coas bandas que, dun xeito ou de outro, andiveron revoloteando ó redor do Bravú.

Moderará Belén Regueira, xornalista, locutora do programa Extrarradio (Radio Galega). Participarán:
Alberto Casal, escritor e xornalista, autor do libro “Rock´n´grelos” actualmente é director do Xabarin Club.
Emilio, ex-cantante de Skornabois, formación pioneira do bravú, actualmente é un integrante da Safari Orquestra.
María Yáñez, xornalista, responsable no seu tempo do portal Bravú.net
Manolo Rivas, escritor e xornalista, autor de numerosos reportaxes e referencias ó Bravú.
Santiago Jaureguizar, escritor e xornalista, considerado nos seus comenzos coma escritor bravú.
Suso Iglesias, xornalista, actual director de programación da TVG, e anteriormente director do Xabarín Club.
Xavier Valiño, escritor e xornalista, autor do libro “Bravú, a paixón que queima o peito”.
Xosé Manuel Pereiro, xornalista, excantante da xa extinta formación Radio Océano, e director da revista Bravú.
Xurxo Souto, escritor, director de programación da radio galega, donde leva o timón do programa Aberto por Reformas, ex-cantante dos Diplomáticos de Montealto, e actual integrante de Os tres trebóns.

Ás 17:00hs. no mercado Gandeiro, 1ª Feira do Disco Galego, pensada para divulgar e promocionar a música que se fai neste pais dando cabida a todos aqueles discos que viran a luz en Galicia nos derradeiros anos. Pensada tamén para poñer en contacto ás compañías, cos grupos, coas distribuidoras, novas tecnoloxías, e sobre todo co PÚBLICO.
Tamén terán cabida as REVISTAS, FANZINES MUSICAIS, MERCHANDISING etc.
Para aqueles GRUPOS que vo-lo montedes vós mesmos e non vos compense montar un stand propio, nen vir ata Chantada, a organización montará un stand no que teredes cabida.
Como en toda boa festa haberá, feira con pulpo, carne, pan e viño, e por suposto, non faltará un gran magosto e aínda por riba, de balde!!! amenizado pola charanga OS VERANEANTES.A partires das 21:00hs, baixo cuberta e ao prezo de 2€ super concerto coas bandas:

  • MOTOR PERKINS
  • OS CUCHUFELLOS
  • RASTREROS
  • RUXE RUXE
  • OS TRES TREBÓNS
  • ZËNZAR

Todo presentado por Carlos Blanco.

fonte: komunikando.net 
 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: