GOGOL BORDELLO: super taranta

26 Out

61bnz4cybnl_ss500_.jpg 

fai click na imaxe para descargar o disco

Información xeral

Orixe Nova York, EEUU
Estilo(s) Gypsy punk
Discográfica(s) SideOneDummy Records, Rubric Records
Sitio web www.gogolbordello.com

Gogol Bordello é un grupo de gypsy punk do Lower East Side of New York City formado en 1999. Un dos seus trazos máis característicos son os seus frenéticos directos, e outro o seu son inspirado na música xitana. A maior parte dos seus membros son inmigrantes de Europa do leste, e o grupo utiliza sons de acordeón e violín (e, nalgúns dos seus discos, saxofón e música de cabaret, punk e dub).
Nunha entrevista para a National Public Radio, o líder Eugene Hütz citou a Jimi Hendrix e Parliament-Funkadelic como influencias musicais do grupo, e a Nikolái Gogol, homenaxeado no nome da banda, como unha influencia ideolóxica. Entre as súas influencias están tamén Manu Chao, Fugazi, Kalpakov, Rootsman e The Clash.
Lanzaron o seu primeiro single en 1999, e desde entón publicaron dous álbums, un EP e un álbum en colaboración con Balkan Beat Box. En 2005 o grupo asinou coa discográfica de punk rock SideOneDummy Records.
A gravación de Start Wearing Purple do disco Voi-A Intruder deulles a coñecer no Reino Unido, e foi regrabada para o seu disco Gypsy Punks, converténdose no seu primeiro single internacional. Not a Crime foi seleccionado como segundo single.
No 2007 actuan nunha presentación en vivo no Live Earth (Londres) xunto a Madonna, coa que comparten mentres cantan “La Isla Bonita”, o 07 de Xullo do 2007.

 Membros

Eugene Hütz (voz, guitarra acústica, percusión, caldeiro) – Ucraína
Sergey Ryabtsev (violín, voces secundarias) – Rusia
Yuri Lemeshev (acordeón, voces secundarias)
Oren Kaplan (guitarra, voces secundarias) – Israel
Thomas Gobena (baixo)
Eliot Ferguson (batería, voces secundarias)  Florida, EEUU
Pamela Jintana Racine (percusión, voces secundarias, baile)
Elizabeth Sun (percusión, voces secundarias, baile)

Discografía

Voi-A Intruder  1999. Rubric Records.
Multi Kontra Culti vs. Irony – Setembro 2002. Rubric Records.
Gogol Bordello vs. Tamir Muskat – Colaboración con membros de Balkan Beat Box baixo o nome Jewish-Ukrainishe Freundenschaft (J.Ou.F), o proxecto paralelo de Hütz.
Agosto 2004. Stinky Records.
East Infection – Outubro 2004. Rubric Records.
Gypsy Punks: Underdog World Strike – Agosto 2005.
SideOneDummy Records.
Super taranta – Xullo 2007. SideOneDummy Records.

.

 Datas de concertos No Bullshit Tour:

SÁBADO 17.11.2007 Madrid (Sala Heineken)

DOMINGO 18.11.2007 Barcelona (Sala Apolo)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: