MANDO DIAO: never seen the light of day

30 Out

never_seen_the_light_of_day.jpg

pincha na imaxe para descargar o disco

O pasado 24 de outubro saíu á rúa Never Seen The Light Of Day, o novo disco dos suecos Mando Diao, tan só un ano logo do seu anterior traballo. Neste disco incorporan unha serie de arranxos orquestrales (se cadra en exceso, pois acaban por monopolizar o son) a moitos dos temas, posiblemente coa intención de non trillar por esgotamento a exitosa fórmula da banda.

Mando Diao é unha banda de garage rock, con toques dos sesenta, procedente de Borlänge, Suecia. O nome da banda vén dado por mor dun soño dun dos cantantes, Björn Dixgård.
A banda naceu en 1995. As súas primeiras representacións co nome de Mando Diao foron en locais de Borlänge, en 1999. Un escritor local describiunos coa mellor banda que escoitara e que non posuía contrato. Seguidamente a sección de EMI en Suecia interesouse neles e asinaron un contrato. Ademais incorporáronse á banda Samuel Giers e Mats Björke, batería e baixo respectivamente.
En 2002 saíu á venda o seu primeiro disco Bring ‘Em In en Suecia. Co seu primeiro single Motown Blood conseguen grandes éxitos neste país. En 2003 Daniel Häglund abandona a banda sendo substituído por Mats Björke. Ese mesmo ano o álbum internacionalizouse co single Sheepdog. En 2004 o grupo é aclamado pola prensa musical e é considerada unha das mellores bandas do ano. O segundo disco foi Hurricane Bar, que se puxo á venda en 2005 con tres edicións distintas, unha para Europa, outra para o Reino Unido e outra para Xapón, país moi apreciado polos membros do grupo.
En setembro de 2006 lanzan o seu terceiro disco, Ode to Ochrasy, obtendo grande éxito de xeito.

Mando Diao, na súa xira de 2005, actuaron nos principais festivais musicais europeos como o Festival de Benicàssim, o Rock am Ring en Alemaña ou o de Reading-Leeds en Inglaterra.


Membros da banda
– Björn Dixgård – cantante e guitarrista (1995-presente)
– Gustaf Norén – cantante, guitarrista, e percusión (1999-presente)
– Samuel Giers – batería (1999-presente)
– Carl Johan Fogelklou – baixista (1999-presente)
– Mats Bjorke – órgano (2003-presente)

Discografía
– Bring Em In (2002)
– Hurricane Bar (2004)
– Ode to Ochrasy (2006)
– Never Seen The Light Of Day (2007)

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: