THE HOMENS e FANNY & ALEXANDER na sala NASA

30 Out

cartazconcerto400ib3.jpg

O vindeiro venres 2 de Novembro, ás 22,00 h., terá lugar na sala NASA de Compostela a presentación dos respectivos discos de The Homens e Fanny & Alexander. O trío compostelán de power-pop The Homens sacou á rúa o pasado 15 de outrubro o albun Tres, grabado durante o mes de xullo nos estudios Ultramarinos Costa Brava, de Santi García (guitarra e voz de No More Lies), lugar polo que pasaron os Tokio Sex Destruction, Charades ou Nueva Vulcano, entre outros grupos da escena alternativa catalá… Alí puideron engadir os arranxos do propio Santi García en forma de órgano hammond, trompetas, acordeón, percusión… O resultado é Tres, un álbum que Falcatruada editará nun formato especial: vinilo, CD e os temas en mp3, aínda que tamén estará á venda o tradicional formato CD. Versos ácedos e coros pegadizos. Power pop en estado puro: melodías, actitude e ganas de festa. Mentres o grupo de pop electrónico Fanny & Alexander presenta Finais dos 70s, comezos dos 80s, que chegará o día 29 deste mesmo mes.Ámbolos discos están editados baixo licenza Copyleft, tanto dixital coma físicamente.

Máis info en:
www.thehomens.com

www.myspace.com/fannyealexander
 

fontes: komunicando.net e salanasa.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: