JENS LEKMAN: Night Falls Over Kortedala

31 Out

kortedala.jpg

pincha na imaxe para descargar o disco

En apenas un par de anos Jens Lekman pasou de ser un artista de culto adorado primeiro por toda a facción twee a converterse nun dos trobadores máis respectados do pop independente, tanto da crítica como do público indie máis intransixente.

A culpa tivérona dous álbums que se encargaron de recompilar gran parte da obra (espallada nunha chea de singles, Ep´s e CD-R´s de difícil adquisición) dun dos máis traballadores e máis talentosos compositores da actualidade. Lekman conta que para preparar este álbum chegou a compor e gravar cento quince cancións , doce das cales pertencen a este Night Falls Over Kortedala, o seu mellor esforzo ata a data, un espectacular collage de sons pop que aglutina, baixo a sensibilidade indie e un romanticismo en vías de extinción, un bo puñado de referentes que fai seus coa mesma facilidade coa que se cociña unha tortilla á francesa. O sueco ten a candidez e a inocencia de Jonathan Richman; a capacidade para compor cancións enormes nunha abrir e pechar de ollos de Stephin Merritt; a habilidade de emocionar de toda a escuadra de Sarah Records xunta; a clase á hora de utilizar samples de The Avalanches; e agora, a toda este receita, súmalle o seu amor polo disco que marcou a súa infancia, o Graceland de Paul Simon, para facturar, segundo as súas propias palabras, o seu persoal disco de world music (sic). Jens, si Night Falls Over Kortedala pertence a ese xénero musical, estamos ante o álbum de world music máis atípico e cool da tempada.

Autor: Xavi Sánchez Pons (Mondosonoro)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: