THE HIVES: the black and white album

2 Nov

j04523k0x9d.jpg

pincha na imaxe para descargar o disco

The Hives é unha banda de garaxe rock orixinaria de Fagersta, Suecia. A banda é coñecida polas súas enérxicas presentacións en vivo e polos seus vestiarios en branco e negro.The Hives formáronse en 1993 e lanzaron o seu álbum de debut, o EP Oh Lord! When? How? en 1996.

Compoñentes:

  • “Howlin'” Pelle Almqvist – vocais
  • Nicholaus “Arson” Almqvist – guitarra
  • Mikael “Vigilante” Carlstroem – guitarra
  • “Dr. Matt Destruction” – baixo
  • “Chris Dangerous” – batería

Tres anos despois de Tyrannosaurus Hives, o quinteto sueco di adeus ao punk rock de garaxe que os fixo ricos e famosos e entrégannos en The Black & White Album (Universal), un disco pulido e melódico como ningún dos seus e cunha variedade estilística que nunca imaxinamos na grei de Randy Fitzsimmons, ¿o sexto The Hives? Carpetazo á fórmula de doce temas en media hora. Eles defíneno como o seu London Calling particular. Ahí é nada.Veñen de finalizar a súa xira máis exitosa ata este intre, con triunfantes shows en festivais como Rock Am Ring ou Pukkelpop, e conquista na súa noite de Benicàssim. Os cinco de Fagersta dan a sensación de atoparse no intre da verdade da súa carreira, ese punto de inflexión que os empurre ao reducido grupo de triunfadores ou que os abandone -¿definitivamente?- no pelotón de segundóns, co mal gosto engadido da oportunidade perdida. The Black & White Album é esa oportunidade. O disco preséntanos a un grupo con grande confianza en sí mesmo, que é quen de reinventarse como banda e sair airoso do reto. Atrás quedan tres álbumes que os encumiaron como revitalizadores do punk rock urxente e sin ambicións, e que tamén viviron a súa propia metamorfose, desde a imberbe velocidade rabiosa de Barely Legal ata o rock de garaxe sofisticado e relucinte de Tyrannosaurus Hives. Entre medias, e a medio camiño de ambos, a súa obra con maior graduación de calidade ata agora, Veni Vidi Vicious, que posuía entre as súas bazas o tema có que mellor se recoñece á banda, ese Hate To Say I Told You So que sonou ata a extenuación fai seis anos.

Segundo as verbas do propio Almqvist: Para nos segue sendo un disco de punk rock, pero xa non só é iso. Podemos facer un Veni Vidi Vicious sempre que queiramos, o que está moi bien, pero deixou de ser divertido.

Xa se sabe, evolucionar ou morrer.

 Fonte: Robert Aniento (Mondosonoro)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: