SILVIA PENIDE: desafinante crónica

5 Nov

anuncio.jpg

pincha na imaxe para entrar no myspace de Silvia Penide

Desafinante Crónica

01. Desafinante crónica
02. Desde fuera
03. Reventaba
04. Querer nada
05. Tan fuertes
o6. Cuando aún es de día
07. Tenemos una casa
08. Envuelta en rojo
09. Grandegigante
10. Como el aire o como el viento
11. Tras el cristal alguna flor.

O último traballo de Silvia Penide atópase á venda dende o pasado 2 de outubro (e nas principais plataformas dixitais dende o 18 de setembro).Definir o universo de Silvia Penide non é sinxelo: hai quen se decanta pola Silvia cantautora, outros atrévense a chamala solista pop, e mesmo hai quen pensa que pasea á metade de camiño entre o experimental e o electrónico. Pero o certo é que a súa proposta baséase na sinceridade (dunhas letras que son parte de seu), na cheganía (dunha velada íntima), na inmediatez (de escoitala a metro e medio), e na dozura… unha experienza que paga a pena atreverse a descubrir. Cos dous traballos discográficos anteriores, Kiómetros e Invisible, Silvia Penide xa deixou sobradas mostras da forza das súas cancións. Algúns temas, coma é o caso de Mi Cielo, convertéronse en clásicos dos programas da radiofórmula coma La Gramola, e con elas conseguíu fidelizar a toda unha lexión de fans que se agrupan en torno ao seu foro en Internet. Agora, a cantante coruñesa volta cun repertorio máis maduro baixo o brazo, cunha voz moito máis matizada, coidados arranxos e unha forza emocional que acada cotas de intensidade nunca polo momento desatadas. Desafinante Crónica foi gravado nos estudos Abrigueiro de Lugo coa produción de Arturo Vaquero e a colaboración dun bo feixe de músicos galegos. Desafinante Crónica é un repertorio de once temas dos que sorprende a forza de Reventaba ou Grandegigante, aínda que segue abraiando a inspiración e o calado de temas máis naïf como Tengo una casa ou Como el aire o como el viento ou Tan Fuertes. Ademáis de ser o seu disco máis elaborado, é tamén co que máis profundo mergullo no meu propio universo, como ela mesma di.


O disco xa se atopa en tódalas tendas da Galiza e nas tendas FNAC de toda España, podéndose descargar dixitalmente dende emusic, fnac.es ou iTunes.

Advertisements

Unha resposta to “SILVIA PENIDE: desafinante crónica”

  1. toni 16 Novembro 2007 ás 19:32 #

    he hoido esta semana la entrevista doble en radio nacional, una a las 14h y otra a las 17:30h. Me he interesado por tú musica que es muy personal y llena de matices inteligentes……..
    Eres cantaautora con vitalidad y contenido y ademas contestas muy razonablememente y con corazon a las pregustas del entrevistados……..
    Me enhorgullezco de que salgas de España y seas embajadora de esas canciones que transmites con contenidos originales y cotidianos a la vez………..
    Te admiro y pondré tú música en mi coche mientras viajo……

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: