RYAN ADAMS: easy tiger

9 Nov

74251501.jpg

pincha na imaxe para descargar o disco

David Ryan Adams (5 de novembro de 1974, Jacksonville, Carolina do Norte) é músico dun estilo ao que se lle etiquetou co nome de Alt-Country/Rock. Aos 16 anos abandonou o instituto para traballar nunha zapatería e comezar a escribir música. En 1994 formou unha banda chamada Whiskeytown que se mantivo en activo ata a súa separación en 1999. Adams publicou o seu primeiro disco en solitario no ano 2000, co título Heartbreaker.
É un artista prolífico que publicou oito discos e numerosos Ep´s entre o 2000 e o 2005.
Tamén produciu un álbum a Jesse Malin e colaborou con Beth Orton, The Walflowers, Counting Crows ou con outros músicos de renome como Elton John, Willie Nelson ou Toots and the Maytals. Publicou un disco de punk gravado con Jesse Malin co nome de The Finger. Este ano presentou o seu novo proxecto, Easy Tiger. Este album pode considerarse como o retorno de Ryan Adams ao que mellor sabe facer. Superada a etapa máis experimental da súa vida artística, onde chegou a presentar tres discos nun mesmo ano como parte dun psicópata exercicio de eclecticismo estilístico, volta cun traballo inzado de sons nítidos, perfectamente arranxado, que lembra nalgúns pasaxes ao mellor Neil Young, tanto pola calidez da súa voz como polo desarraigo emocional que xermola dende as súas melodías. Unha pequena xoia de menos de 40 minutos. 

Discografía 

– Heartbreaker (2000)

– Gold (2001)

– Demolition (2002)

– Rock´N´Roll (2003)

– Love is Hell (2004)

– Cold Roses (2005)

– Jacksonville City Nights (2005)

– 29 (2005)

– Easy Tiger (2007)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: