FANNY+ALEXANDER: finais dos 70´s, comezos dos 80´s

12 Nov

fannyealexander.jpg 

preme na imaxe para acceder ao myspace do grupo, dende onde podes baixar un Zip de 92 Mb cos doce temas de Finais dos 70s, comezos dos 80s en mp3

O dúo compostelán editou o seu segundo álbum: Finais dos 70, comezos dos 80, no que converten o verso libre de nove poetas contemporáneos en alfaias de pop electrónico
Fanny+Alexander conseguírono: colleron o verso libre dalgún dos mellores poetas contemporáneos de Galicia, metéronos nun sintetizador e “play”. Nove poemas, nove poetas, nove cancións. Ademais dos mencionados, Carvalho Calero, Elvira Riveiro ou María do Cebreiro. ¿E logo non era isto o que facían os integrantes de Voces Ceibes, os Tamara, Suso Vaamonde ou Amancio Prada nos anos setenta? Pero non estamos nos setenta, o disco sitúanos no aquí e no agora: Galicia, século XXI. A modernidade entrou pola porta e nin nos decatamos. E resulta que Galicia volve estar na vangarda.

Alén disto, no álbum, disponible nas tendas, pero tamén en descarga gratuíta na plataforma A Regueifa.net ou no propio myspace do grupo , hai algunha sorpresa: unha remestura a cargo de Projecto Mourente, a relectura do S.O.S. de Manuel Antonio que Fanny+Alexander fixeran hai un tempo, ou a versión completa do Berlín de María Lado musicado precisamente por eles. E un regaliño máis: a versión galega do Panic dos Smiths, que nos leva dende o pánico nas rúas de Vigo, pánico nas de Compostela… até un retrouso que se vai repetir moito nos vindeiros meses imos queimar a disco, meterlle ao papán do DJ, porque a música que anda a poñer non di nada sobre a nosa vida, ¿que che dixen? Merda de DJ. O disco é unha delicia, unha hora de música e poesía que engancha e que ás veces fai tremer. A beleza é ás veces terrible.

Autor: Marcos S. Pérez (GZnación  / 31 Out 07)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: