AKRON/FAMILY: love is simple

15 Nov

4349706_zzx_200.jpg

preme na imaxe para descargar o disco

A verdade é que un non sabe por onde empezar cando ten que falar dun disco como este, un disco que o ten todo, que sabe ler o pasado mirando o futuro, que é complexo, rico, variado e arriscado sen perder absolutamente nada de accesibilidade, un disco dunha banda de amigos en estado de graza constante onde todo é real e sincero, cunha capacidade de transmitir e emocionar que moi poucos poden alcanzar.E como Michael Gira (Angels Of Light, Swans, dono de Young God Records) nós non nos cansaremos de repetir que estamos ante unha das mellores bandas do planeta. No seu segundo/cuarto álbum como a eles lles gusta dicir, posto que nin ao split con Angels Of Light (2005) nin a Meek Warrior (2006) considérano un LP en sentido estrito, chegan ao final do camiño que se inciaba no seu debut e íase enriquecendo a cada paso que daban. Aquí teñen cabida todas as súas encarnacións porque esa é a súa esencia, todo cabe e todo funciona nun disco imposible de catalogar e onde os estilos son tan relativos como absoluta é a beleza do resultado da explosiva mestura.

O que máis sorprende do álbum é que todo este conxunto de influencias, estilos e ideas lonxe de chocar e facer o álbum máis denso, son o que dotan ao conxunto dunha fluidez incrible. Os seus once temas, que ben poderían ser un ou trinta, funcionan de principio a fin. Cancións que nacen unhas dentro doutras, coros, palmas, percusións, subidas, baixadas e un mundo particular onde perderse é unha delicia. Ritmos africanos, Neil Young, Brian Wilson, The Beatles, Led Zeppelin, Animal Collective… todo sumado e multiplicado. O disco transpira unha enerxía única, a enerxía do amor e da sinceridade, a mesma que desprende a banda en directo. Un amor que se converte nun modo de vida, o mellor modo posible de encarar a nosa existencia: desde o primeiro corte onde nos invitan a saír e amar a todo o mundo (Go out and love everyone) ata a preciosa Don’t be Afraid, You’re Already Dead onde só cantan (para que máis?) “Don’t be afraid, It’s only love/ Love is Simple/ Don’t be afraid,/ you’re already dead./ Love is Simple”, o disco está infestado de momentos memorables como a explosión de felicidade que é Ed Is A Portal un tema que pasa de tumultuosos coros a un interludio de folk pastoral para acabar cunha festa de folk espacial, percusións trepidantes e un final surrealista. Simplemente inigualables. E así poderiamos seguir con todo o álbum tanto nos temas máis mutantes e ruidosos (incribles tamén Lake Song…, There’s So Many Colors) como no maravillos trío que conforman as máis apracibles e ortodoxamente ligadas á tradición americana Crickets, Phenomena e Pony’s O.G.Dominando en todos os terreos, sabendo espremer o mellor de cada estilo dos últimos corenta ou cincuenta anos para obter unha receita única, de música en estado puro, sen apenas pretensións e gozando con iso convertéronse nun grupo único tan persoal, experimental e vangardista como accesible e ligado á tradición. E este Love is Simple é o seu maior logro ata o momento. ¡Escóitao xa!  

fonte: Jorge VF (andtheworldsmileswithyou.blogspot.com) 

DISCOGRAFÍA:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: