M.I.A.: kala

16 Nov

mia-kala.jpg 

preme na imaxe se queres descargar o disco

Mathangi “Maya” Arulpragasam (Londres, 17 de xullo de 1977) rapeira, grafiteira e artista tamil británica. A súa música mestura elementos de grime, hip-hop, ragga, dancehall, música electrónica e funk dance.
Filla do revolucionario tamil , Arul Pragasam, naceu no municipio de Hounslow, Londres. Cando tiña 6 meses, a súa familia regresou a Sri Lanka. Motivado polos esforzos do pobo tamil para independizarse da maioría cingalesa, o seu pai converteuse no coñecido activista político Arular e foi membro fundador da EROS (Eelam Revolutionary Organisation of Students), un grupo tamil militante. O seu alcume, M.I.A. , vén de “Missing in Acton” (Desaparecida en Accion), aludindo ao seu barrio de Londres, Acton, e o seu tumultuosa mocidade.
Con Justine Frischmann de Elastica participou no segundo álbum da banda e na súa xira, gravándoa en vídeo e realizando o vídeoclip do seu single, Mad Dog. De volta en Londres, gravaron un primeiro disco xuntos que lle serviu de cartón de presentación. Este álbum inclúe os temas, M.I.A., Galang e Lady Killer. A pesar de que só se editaron 500 copias, de Galang, serviulle para abrirse camiño nos medios e con DJ´s, e da súa compañía independente pasou a XL Recordings. E editaron o disco Galang cun vídeo de Ruben Fleischer que incluía os seus grafiti. Despois, dentro da súa temática, sacou Sunshowers.
Gustoulle tanto o seu single, News Flash, que quixo que este DJ de Misisipi traballase con ela no seu novo proxecto pola súa visión ecléctica da música e entroulle cando pinchaba no Fabric Club de Londres. Ao mes seguinte, Arulpragasam foise a Philadelphia para traballar con el na súa primeira composición para un tema oculto do seu álbum, M.I.A. e en material novo, Arular, onde fixeron remesturas e no que participaron prestixiosos músicos e rapeiros. Piracy Funds Terrorism só estaba dispoñible para a prensa e os directos, pero por fin saíu a través do seu websiteen decembro de 2004 debido ao éxito que tivo.
Arular presentouse en febreiro en Toronto e saíu ao mercado en marzo dese ano, con gran acollida por parte da crítica. Pouco tempo despois participou no Coachella Valley Music and Arts Festival do 1 de maio de 2005, no club de Manhattan S.O.B.s, e no garito de Central Park Summerstage, o Glastonbury Festival e o Sonic de Xapón. Tamén estivo con Gwen Stefani na súa xira Harajuku Lovers.
As súas obras de arte e as súas letras foron motivo de censura. O goberno dos EEUU visita a súa páxina web oficial con asiduidade, e a MTV prefire non emitir o seu single Sunshowers ata que non se quiten as alusións á Organización de Liberación Palestina. Negáronlle ademais o visado para entrar nos Estados Unidos hai pouco.
 

DISCOGRAFÍA

·        Piracy Funds Terrorism (2004)

·        Arular (2005)

·        Kala (2007)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: