JET LAG: forever

20 Nov

jetlagforever.jpg

preme nai maxe para acceder ao myspace da banda

Nova etapa, o cal non significa un comezo de cero. Os trocos na formación de Jet Lag foron unha constante desde os seus inicios, pero nunca modificara o único posto que parecía intocable: o cantante. Tras o abandono de Pablo García ao finalizar a xira de presentación do seu terceiro longo o caos chegou e logo de bastante tempo de toma de decisións, Jet Lag volveron con ganas. Agora é Ramiro Neto quen pon a voz a unhas melodías máis próximas ao pop como nunca estiveran no seu repertorio.É un pop sinxelo en aparencia pero que na repetición de escoitas gaña enteiros ata situarse a un gran nivel. Ten o bo deste tipo de obras, a facilidade de entrada para un certo público e o conquerir convencer co tempo a outro público máis esixente, debido a unha riqueza en matices que pode pasar desapercibida se só se escoita de pasada como a moitos grupos deste xénero.

Varían conseguindo soar cun son propio e á súa vez bebendo de xente como Brian Wilson, Teenage Fanclub ou The Go-Betweens, de todos eles a forma de acceder con clase ao xénero máis difícil pode verse en melodías como Inside Out que desbordan optimismo fronte a unha época que ben poderían deixar de existir como proxecto. Chama a atención que nada desa incerteza se plasmou no son, xa que soa máis claro que nunca, e só nalgunhas letras ou nalgunha mensaxe na cuberta do traballo, plásmase o momento pasado. A produción segue sendo de encomiar cun Paco Loco de sorte, que desde a publicación de Amplifier (2001) non deixou á banda en ningún traballo soa, xa pasou a ser un sexto compoñente como lle adoita ocorrer con moitos proxectos que tutela.

A elección dunha canción sobre outra incumbe máis a cada oínte que a unha diferenza de calidade entre elas. Todas teñen unha mínima e é no conxunto onde se ve o gran traballo feito. A parella Hate Will Make Us Free e Time Here Runs Too Slow é impresionante, do mesmo xeito que My Own Personal Flight Attendant cunhas trompetas perfectamente elixidas para o momento. Hoxe podes escoller unha e mañá preferir a seguinte, posibilidade que non pasa moito por desgraza noutros traballos. Jet Lag con Forever voltou a demostrar que por estes lares son, se non a mellor banda pop de fala inglesa, unha das mellores.

fonte: Natxo Sobrado para Popchild

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: