DELUXE en La Riviera (Madrid)

21 Nov

c.gif

Deluxe prepara un concerto moi especial para o sábado 24 de Novembro onde contará con músicos adicionais na banda e a presenza de colaboradores “de luxo” como Eva e Juan de Amaral, Amaro Ferreiro ou Julián López de Muchachada Nui ente outros. Tamén actuará Elodio y Los Seres Queridos como artista invitado (www.myspace.com/elodioylosseresqueridos). O concerto será gravado para a súa posible edición en DVD. Podes mercar a entrada en http://www.ticktackticket.com.  Xoel López é Deluxe. E Deluxe é un dos proxectos que con mellor gusto asimilou o mellor do panorama musical independente anglosaxón.Empezou na música con 14 anos. Aos 18 xa formara The Elephant Band, que lle acabou levando a actuar fóra do Estado. Máis tarde chegou Lovely Luna, que abandonou en 2001 para crear Deluxe. Ata entón o éxito de crítica sempre lle acompañou, pero ese último xiro na súa carreira ía procurarlle o éxito, sempre relativo falando de música independente, de público.

Xoel elixiu o inglés para a música de Deluxe. Os seus dous primeiros discos Not What You Had Thought e If Things Were To Go Wrong, estaban case integramente compostos nese idioma, con algunha excepción como o tema Que no, que foi ata a data o seu single máis coñecido.

Pero en 2005 cambia de idea e pásase ao español co seu disco Los Jóvenes Mueren Antes de Tiempo. Declara que xa non sente cómodo compoñendo en inglés e que goza moito máis escribindo as letras. O seu último traballo, Fin de un Viaje Infinito (2007), é o seu primeiro disco nunha multinacional, EMI, cambio co que aspira a chegar a máis público. 

fonte: dolcecty.com e xoel.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: