PJ HARVEY: white chalk

21 Nov

wc_cover.jpg

preme na imaxe se queres descargar o disco

Polly Jean Harvey naceu o 9 de outubro de 1969 en Yeovil, Somerset, Inglaterra e é unha cantautora inglesa recoñecida no mundo artístico por PJ Harvey.
Na explosión de bandas de rock alternativas a principio da década dos 90, existiron moitas figuras femininas, cantantes e compositoras, que alcanzaron gran notoriedade. Entre elas atopábase PJ Harvey co seu rock cru, directo e visceral. Cos seus primeiros álbums demostrou ser unha das máis influentes compositoras de cancións da década noventera, con letras que exploran temáticas como o sexo, o amor, a relixión, o humor negro e a sensibilidade na femineidade.
En 1991 formou o seu propio grupo xunto ao baixista Steve Vaughn e o baterista Robert Ellis. Ao pouco tempo, conseguiron un contrato co selo independente Too Pure, gravando o single Dress. O tema obtivo unha boa resposta dentro do rock indie local e o segundo sinxelo, Sheela-Na-Gig, recibiu excelentes críticas da prensa musical inglesa. Ademais, PJ, coa súa actitude agresiva ao “femme fatale”, cambiou o concepto tradicional do erotismo feminino delicado e suave.
En 1992, por fin lanzaron o seu elepé debut, Dry, que foi distribuído en Estados Unidos por Island Records. O novo traballo saíu en 1993 co nome de Rid of Me, cun son próximo ao noise e ao punk nas guitarras, dentro dun rock potente e escrito con moita furia. Rid of Me foi o maior suceso de críticas, convertendo á banda nunha de culto.
Logo da xira, Ellis e Vaughn vanse da banda e ela grava o seu terceiro álbum como artista solista, recrutando ao produtor Flood, ao baixista Mick Harvey e os guitarristas John Parish e Joe Gore. A cantante desenvolveu un son máis blueseiro con esta banda máis grande, o que resultou no novo disco de 1995, To Bring You My Love. O resultado global deste magnífico álbum é algo vital, acabábanse os tempos dunha sexualidade tan descarnada e aínda que o plano feminista seguía vixente, agora era tratado con máis madurez. A pesar disto, o elepé foi un hit moderado, chegando ao número 40 dos charts norteamericanos.
Stories from the City, Stories from the Sea (2000) foi a súa volta ao rodo musical, cunha proposta con sons máis limpos que nos seus inicios, e nunha veta máis comercial rozando varias veces co pop, pero nunca deixando de lado a actitude agresiva dos seus inicios. Nesta produción a cantautora tómase o gusto de facer un dueto co líder de Radiohead, Thom Yorke, no tema This Mess We´re in.
No 2004 lanza o seu sétimo disco, que leva o nome de Uh Huh Her, e que inclúe temas bastante íntimos, intensos e apaixonados.
En novembro de 2006 volve ao traballo de estudo con dous dos seus máis clásicos colaboradores; Flood e John Parish compartirán espazo na sala de control. En declaracións a un medio televisivo americano, Pj Harvey advertía de que serán instrumentos como o piano, o harpa ou o autoharp os que dominen a atmosfera das novas cancións. As portas foron abertas; xa nunca máis haberá limites, dixo.
En xullo de 2007 douse a coñecer o nome do seu novo disco, White Chalk.

Año

Disco Casa discográfica
1992 Dry Too Pure
1993 Rid of Me Island Records
1993 4-Track Demos Island Records
1995 To Bring You My Love Island Records
1998 Is This Desire? Island Records
2000 Stories from the City, Stories from the Sea Island Records
2004 Uh Huh Her Island Records
2007 White Chalk Island Records
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: