CAKE: b-sides and rarities

22 Nov

321625lenticular31.jpg

preme na imaxe se desexas descargar o disco

Cake é unha banda de Sacramento, California, formada en 1991. Tivo varios éxitos ao longo dos noventa cos seus cinco discos.
A pesar de que a música de Cake é regularmente clasificada como rock alternativo ou indie rock, combina múltiples xéneros musicais, tales como funk, ska, pop, jazz, rap, e country. A súa música inclúe letras curiosas con abundantes xogos de palabras e síncopa, pegañentos riffs de guitarra distorsionada e sos de trompeta.
O estilo único de Cake foi comparado ao de bandas como They Might be Giants, Talking Heads, The Cars ou Camper Van Beethoven.
Os maiores éxitos de Cake inclúen The Distance, Never There, Sheep go to Heaven, Rock´n´Roll Lifestyle, No Phone, Short Skirt/Long Jacket, e unha versión alternativa de I Will Survive de Gloria Gaynor.

Cake ocupou o posto titular no tour Unlimited Sunshine no verán de 2002 tocando cun conxunto eclectico de grupos como Modest Mouse, The Flaming Lips, De La Soul, Kinky, e The Hackensaw Boys.

De cotío este tipo de álbumes de rarezas e caras B teñen dous obxetivos, simultáneos ou non. Un fixado polas discográficas que ven neles unha boa oportunidade de continuaren sumando e sacando réditos do traballo das bandas, e outro marcado polos propios artistas que gostan deste tipo de autohomenaxes para a súa maior gloria. Os fans avalánzanse como tolos sobre as moreas de CD´s e afirman que conteñen toda a xenialidade creadora do grupo, ainda que na maioría dos casos se trate dunha bosta espetada nun carabullo.Non é o caso deste álbume de Cake; rarezas o que se dí rarezas, non hai moitas (o famoso e infantil Mahna Mahna e poucas máis), as caras B perfectamente poderían ter sido singles, o derradeiro tema en directo, o coñecido War Pigs, é unha delicia, e tódolos amantes da música de Lou Reed na época de Velvet Underground podemos sorrir unha vez máis ao recoñecer os riffs de Sweet Jane en Short Skirt, Long Jacket. Se temos que buscarlle unha pega, pode que a versión do sinatriano Stragers in the Night sexa, cando menos, prescindíbel. Aparte disto atopámonos cunha pequena xoia para deleite de fans e non tan fans.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: