LOS PLANETAS: la leyenda del espacio

29 Nov

O máis extraordinario fenómeno indie do estado español (tómese o de extraordinario como se queira) Los Planetas sacou novo disco este ano, tras un silencio de tres anos que perduraba desde a publicación no 2004 de Los Planetas contra la Ley de la Gravedad. La Leyenda del Espacio, nome do traballo, é unha homenaxe a La Leyenda del Tiempo, disco emblemático de Camarón de la Isla.O derradeiro corte do álbume, Sideral, conta coa colaboración de Enrique Morente.O primeiro single, Alegrías del Incendio, está dirixido por Luis Cerveró, e recrea unha atmósfera íntima e poética, sen demasiadas estridencias técnicas. Trátase da narración visual dunha relación física entre dúas persoas con moita química, interpretadas polos actores Irene Asensio e Mario Custodio Cordobés.Apoiándose nalgunhas metáforas visuais e no contido da canción, pero baseándose en imaxes directas, plasman unha linguaxe corporal en sintonía coa música de Los Planetas. Intensa, atrevida e experimental, é como unha historia de amor xermolando os seus primeiros froitos. O video comunica as sensacións e sentimentos que transmitían os seus primeiros singles. 

Advertisements

Unha resposta to “LOS PLANETAS: la leyenda del espacio”

  1. iria 15 Maio 2008 ás 17:23 #

    acabas de acadar unha fan…non coñecía este blog…e buscando algo sobre xeración son goku…apareceume o post donde falabas de Ataque Escampe. Se che gusta Galicia es una mierda, deberías escoitar Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, o seu primeiro EP… Ademáis, e aínda que eles non estean nada contentos cos seus directos, en directo son brutais! E non o estou vendo dende a perspectiva de fan que son.

    Nada máis, que seguramente terás máis comentarios meus porque penso mirar este blog todo o que poida.

    Un saúdo…e longa vida ó fenómeno indie español…pero sobre todo Galego!

    Iria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: