SIDONIE en directo

30 Nov

sidoniecostaazul.jpg

preme na imaxe para acceder á páxina da banda, que está moi chula

Sidonie é un grupo psicodélico barcelonés creado a finais dos noventa. Os seus compoñentes son: Marc Ros (Cantante e guitarrista, entre outros instrumentos como agora o baixo) Jesús Senra (Segundas Voces, Baixo, o Sitar, Guitarra electrica e acústica) e Axel Pi ( Batería, Táboas e Bongos)
Déronse a coñecer grazas a un concurso de novos talento da cidade de Hospitalet, onde tras gañalo asinaron un contrato cunha pequena discográfica independente catalá chamada Bip Bip Records. Durante a estancia nesta compañía discográfica, asinaron varios traballos como as maquetas: Dragonfly e Roja, pero, a maqueta que os levou á fama foi a homónima Sidonie, de onde se sacaron varias cancións que serviron como Gingle Publicitario (Sidonie Goes To Moog, para os anuncios da cadea FNAC ou Feelin’ Down’01 para un anuncio do Estado, que xerou polémica cando o grupo enviou un comunicado afirmando que eles non estaban de acordo co que dicía o Goberno nese anuncio, e que ninguén lles dixera que a súa canción ía ser publicada con tales fins)
Obtido un gran éxito co disco debút Sidonie, foron contratados por unha gran compañía (Sony Records) que, antes de saír á luz o seu último traballo, lanzaron un disco de singles e caras b chamada La Estación de la Libélula.
Con Sony Records, publicaron varios discos: Shell Kids (Un disco que seguía os pasos do do seu debut pero que non tivo tanta aceptación), Fascinado ( traballo destes mozos onde, todas as súas cancións están compostas en español) e Costa Azul, o seu ultimo traballo, tamén integro en español, que precisamente presentan estes días en diferentes salas da Galiza.
En tódolos seus traballos nótase unha clara influencia de George Harrison, Bowie, Pink Floyd (en especial mención a Syd Barrett)

XIRA PRESENTACIÓN COSTA AZUL:

  • Santiago de Compostela (Sala Capitol) 29/11/07
  • Vigo (Breogain) 30/11/07
  • A Coruña (Playa Club) 01/12/07
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: