TWO GALLANTS: two gallants

3 Dec

two-gallants.jpg

preme na imaxe se queres descargar o disco, pero só se queres, que ninguén che manda…

Comezamos a semana cunha recomendación persoal, o disco homónimo do dúo californiano Two Gallants, nome inspirado no relato curto do mesmo nome que James Joyce incluíu en Dublineses.Two Gallants son Adam Stephens (guitarra, harmónica e voces) e Tyson Vogel (batería e voces). Presentan, logo, unha formación que está a comezar a ser moi habitual no mundo do rock´n´roll, sendo posiblemente The White Stripes o exemplo máis coñecido. Pero o son de Two Gallants está lonxe do garage-rock dos “irmáns” White, aniñando este en ambientes equidistantes entre o folk e o blues, cunha música sinxela e sen artificios, pero cunha letras moi traballadas e estudadas.Este novo traballo dos de San Francisco está editado, ao igual que o anterior, por Saddle Creek, e contén nove pequenos agasallos, nove doses de xenreira punk no seu núcleo envoltos cun papel de inocencia finxida. Un bo xeito de arrincar a semana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: