EDITORS: an end has a start

5 Dec

editors.jpg

preme na imaxe se queres descargar o disco

Editors é unha banda orixinaria da cidade de británica de Birmingham. Os compoñentes, que se coñeceron na Universidade de Staffordshire, son Tom Smith (compositor/vocalista/guitarrista), Chris Urbanowicz (guitarrista), Russ Leetch (baixista) e Ed Lay (batería). O seu seu son, puro e radical, fai que Editors sexan comparados a miúdo con outros grupos como The Cure, Joy Division, The Smiths, Echo and the Bunnymen, Kitchens of Distinction, The Chameleons ou, sobre todo, Interpol, enmarcándose na corrente coñecida como Post punk Revival.
O single debut Bullets foi lanzado nunha edición limitada de 500 copias pola compañía Kitchenware Records o 24 de xaneiro de 2005. A medida que se lanzaban novos sinxelos a banda foi creando a súa propia lexión de seguidores.
O seu álbum debut The Back Room foi lanzado o 25 de xullo de 2005, con grandes eloxios da crítica.
The Back Room foi lanzado en EE.UU. o 21 de marzo de 2006. Como mostra do éxito que tivo o grupo tanto en Europa coma alén do océano, Editors foron invitados a tocar en 2006 en festivais como Coachellla, Lollapalooza ou Benicassim.

Este ano 2007 presentaron o seu novo traballo, An End Has A Star. Os dous primeiros sinxelos, os tan xeniais coma efectistas Smokers Outside The Hospital Doors e An End Has A Start, son motivos dabondo para encinzarse co son esfiañado das guitarras e coa voz tristeira de Smith; pero non remata acó a festa, cortes coma o máis pausado The Weight Of The World ou Put Your Head Towards The Air, que podería estar incluído no último álbum dos deuses do rock contemporáneo (enténdase Radiohead) xustifican de sobra a introdución no universo creado por Editors neste traballo. O dito, un pracer.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: