THE PIGEON DETECTIVES: wait for me

7 Dec

pigeon-detectives.jpg

preme na imaxe se queres descargar o disco

The Pigeon Detectives é unha banda procedente de Rothwell, Leeds, (Inglaterra) formada no ano 2002.

Asinaron co selo independente Dance to the Radio, onde lanzaron o seu álbum debut, Wait for Me, nos formatos de CD, vinilo e descarga dixital o 28 de Maio do 2007. O disco, gravado no outono do 2006, foi producido por Will Jackson e gravado en Leeds, cidade natal da banda.
The Pigeon Detectives agardan lanzar o segundo material en maio do 2008, só un ano despois do seu primeiro  traballo.

Os temas de Wait for me soaron na xira de Kaiser Chiefs, xa que The Pigeon Detectives foron os encargados de telonearos. Non faltaron voces que sinalaran a superioridade musical dos teloneiros sobre a banda principal. Wait for me comeza con forza, baseado nunhas guitarras brillantes inzadas de The Libertines, Midnight Runners, Mando Diao ou Artic Monkeys. A parte final do disco baixa un pouco o seu nivel, pero sen chegar nunca a defraudar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: