RUFUS WAINWRIGHT: release the stars

11 Dec

rufus-wainwright.jpg

para descargar o disco preme na imaxe e ten paciencia

Rufus Wainwright (nacido o 22 de xullo de 1973 en Rhinebeck, Nova York, EEUU) é un cantautor en inglés e francés.
Fillo dos cantantes de folk Loudon Wainwright III e Kate McGarrigle, e irmán da tamén cantante Martha Wainwright. Empezou a tocar o piano con 6 anos e fixo xiras coa súa familia aos 13. A súa música ten unhas marcadas influencias líricas que van desde a ópera ata a canción francesa pasando polo musical.
É abertamente homosexual e na súa adolescencia foi vítima dunha violación e por iso durante moito tempo viviu con medo a ter SIDA.
colaborou en varias bandas sonoras de películas como Lles aventuriers du timbre perdu, I’m a-runnin’, O aviador, O diario de Bridget Jones, Eu son Sam, Zoolander, Shrek, Moulin Rouge e Brokeback Mountain entre outras. Tamén colaborou pousando espido nunhas camisetas para a campaña do deseñador Marc Jacobs contra o cancro de pel.
Este ano 2007 presentou dous traballos: Release the Stars e o recentemente aparecido directo Rufus Does Judy at Carnegie Hall.

O que hoxe nos ocupa, Release the Stars, é un desigual fresco que mestura (ás veces con grande beleza) tonalidades optimistas con outras máis amargas. Faino, coma sempre, xogando á beira do exceso nos arranxos instrumentais e na teatralidade da súa interpretación vogal. O conxunto resultante é desigual, presentando cortes brillantes coma a coñecida Going To A Town ou Tiegarten fronte a outros cun resultado máis discreto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: