TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO: dobre xornada no Mardi Grass

12 Dec

triangulodeamor.jpg

preme na imaxe se queres acceder á páxina myspace do grupo, onde poderás obter máis información

Tras o estoupido deste ano, onde a seu son noise-pop-bizarro causou sensación en cada un dos festivais que visitaron ao longo e ancho da península ibérica, Triángulo de Amor Bizarro volven as súas orixes e programan dobre xornada na Coruña, con senllos directos na sala Mardi Grass o 20 e 21 de Decembro. Rodrigo, Isa e Julián promocionarán así na Galiza o seu máis recente traballo, El Hombre del Siglo V, unha colección de demos e material xa gravado, e que agora xunta a xeito de álbum. Nas dúas datas previstas os Triángulo de Amor Bizarro contarán con banda invitada, abrindo as hostilidades o día 20 Franc3s e o 21 Los Iribarnes.

Triángulo de Amor Bizarro significou neste pasado ano unha brisa de ar fresco no eido do rock alternativo no Estado, cun son baseado na destilación do ruído, lonxe de tendencias e modas, tendo como referencias pretéritas (non influencias) a Pixies, Yo la Tengo ou Jesus and Mary chain.

Logo da dupla coruñesa a banda actuará tamén en Vigo. Este é o cronograma dos seus directos:

·        dia 20: Triangulo de Amor Bizarro + Franc3s no Mardi Gras (A Coruña)

·        dia 21: Triangulo de Amor Bizarro + Los Iribarnes no Mardi Gras (A Coruña)

·        dia 22: Festival Solidário da Cruz Vermella no Pavillón das Travesas (Vigo) 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: