POLYTECHNIC: down til dawn

18 Dec

polytechnic.jpg

preme na imaxe se queres descargar o disco

Cando me acheguei ao rebumbio de discos sen escoitar e saquei ao chou Down Til Dawn de Politechnic pensei: “outro grupo máis de indie-kids a ofreceren máis do mesmo”; e en parte é así, pero contén o traballo da xoven banda de Manchester unha serie de ingredientes que o fan, cando menos, interesante.

Para comezar apuntar que xa levan dous anos sacando unha boa colección de sinxelos, ao tempo que xiraban con bandas como The Breeders, The Strokes ou The Young Knives, o que conforma un importante aval á hora de pecharse nun estudo de gravación. Por outra banda inzan de intensa enerxía eléctrica o seu son cheo de talento, cunhas guitarras transparentes que rin ou choran con total sinceridade. E para rematar quizais o máis importante: a súa absoluta humildade á hora de enfrontar un traballo de pop-rock sinxelo e nada pretencioso, lonxe da actitude dunha boa parte do fato de bandas británicas adolescentes que invaden os nosos tímpanos cheos de grans, libras esterlinas e egocentrismo sen límites. Agradécese.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: