CALAMARO: la lengua popular

8 Xan

calamaro_.jpg

preme na imaxe para descargar o disco

Lin nalgún lado que La Lengua Popular era un perfecto libro de viaxes, que escribiu o salmón cando volveu de novo ao lar tras unha longa volta ao mundo; estou de acordo só en parte. Calamaro non baleira neste traballo as súas vivencias, senón que esparexe nun lenzo sensacións que, aínda que coloristas e agochadas baixo un falso optimismo, están preñadas de desacougo existencial e, sobre todo, de saudade; saudade dun tempo que para el foi mellor, no que escoitaba e interpretaba música que xa non se fabrica, se inspiraba en mulleres fatais que esvaeceron, emborrachábase con amigos que xa non están e ata se colocaba con drogas máis efectivas.

O resultado desta nostálxica retrospectiva é irregular, sen querer con isto facer escarnio; desde logo, non me sinto ao escoitalo diante dese exemplar caderno de bitácora por outros encomiado, pero si ante un bo fresco que combina pinceladas xeniais (vibrantes La Espuma de las Orillas, Carnaval de Brasil ou Los Chicos), pero todas cargadas de lembranzas e saudade porteña.

P.D.: os deseños de Liniers para o disco, simplemente xeniais. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: