STEREO TOTAL: paris-berlin

14 Xan

stereo2.jpg

preme na imaxe se queres baixar o disco

Faláronme hai tempo de Paris-Berlin, último traballo de Stereo Total, un dúo xermano (aínda que asentado en Francia) de electro-pop cunha longa traxectoria; non escoitei o disco (por falta de tempo, non de interese) ata hai ben pouco cando, ocioso e famento de sons, decidín darme unha enchente con estes novos clásicos da escena electrónica europea.

O menú deste Paris-Berlin (título revelador da realidade xeográfica desta parella) comeza cun entrante dun pop do máis soft, que entrelaza luminosos coros e brillantes melodías cun baixo contumaz, aderezo este último que non abandonará a mesa ata a sobremesa.Ofrécennos a continuación un prato de son garaxeiro, salgado de xeito groso por vastos sintetizadores, aínda que suavizado pola voz de lolita-kisch de Francoise.Seguimos cun potente guiso de tolemia electro-punk con talladas tan variadas como Kraftwerk, The Ramones ou os mesmos Mano Negra.A papachina remata cunha sobremesa conformada por pasteliños hip-hop, reggae e ska.

Resultado: algo de acidez (repite un pouco) e unha sutileza máis preto da churrasquería que da nouvelle cousine; iso si, a fame quítaa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: