MIGUEL ALONSO: luz de guía

15 Xan

luz-de-guia-portada.jpg

preme na imaxe para acceder ao myspace do autor, onde poderás escoitar algúns dos temas contidos neste traballo

En Luz de Guía, última maqueta Miguel Alonso, o cantautor ferrolán conta co apoio do baixo de Víctor Méndez e os sos de guitarra eléctrica de Javier Santana, o que lle dá ao traballo un ritmo máis eléctrico e diferente, sen abandonar por iso os sons que o caracterizan. É un disco moi elaborado e a substitución da programación de baixo por son real proporciónalle unha maior calidade á música.
Ademais, colaboran neste traballo vellos e novos amigos. O cantautor Jorge Castro (www.jorgecastro.es) canta a medias con Miguel Alonso un dos temas da maqueta. A pesar das diferenzas entre a forma de cantar de ambos conseguen combinar as súas voces e dar lugar a un tema orixinal e diferente. Andertxu é un guitarrista vasco, e bo amigo, que accedeu a pór o seu talento ao servizo de Miguel realizando os arranxos doutro dos temas para incluír no mesmo unha guitarra slide, outra das grandes novidades deste traballo. E por suposto, non podía faltar JuanRa Sande, que esta vez colabora cun caixón flamenco. Estas colaboracións son representativas da variedade que conforma esta maqueta.
As letras neste traballo supón un paso máis na evolución de Miguel Alonso. Son os temas de sempre, amor e desamor, sociedade, política… o mundo que o rodea e o fai sentir, a súa opinión, as súas ideas, aquilo que rexe e ordena a súa vida.
Podedes conseguir este traballo a través da sección de Contacto de www.miguelalonso.tk ou nos concertos de Miguel Alonso. O prezo do mesmo é de 7 euros. 

Autora do texto: Irene Quinteiro

Créditos: Ano de gravación: 2007
  Letra e música: Miguel Alonso.
  Miguel Alonso: Voces, guitarras, armónica, piano, teclados e programacións.
  Víctor Méndez: Baixo e coros.
  Javier Santana: Guitarra eléctrica.
  Jorge Castro: Voz invitada en ‘Rompiendo espejos’.
  Andertxu: Guitarra slide e acústica en ‘Diarios de hojalata’.
  JuanRa Sande: Caixón flamenco en ‘Quince’.
  Javier e Irene Quinteiro: Fotografía e diseño.
     
Gravado e mesturado en “Pequeño Desastre Records” e “Sons da Vila”. Producido por Miguel Alonso.
     

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: