EMIR KUSTURICA & THE NO SMOKING ORCHESTRA na Coruña

17 Xan

emir.jpg

preme na imaxe se queres descargar esta ópera-punk

O xoves 24 de xaneiro, a partir das 21:30 horas, actuará no Coliseum da Coruña Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, que suporá a súa única actuación no territorio galego.

A música de The No Smoking Orchestra é resultado dos arroutados brochazos de pintura rock dada polos seus integrantes sobre a mestura producida no antigo territorio de Iugoslavia das distintas tradicións rexionais, agromadas baixo as influencias dos folclores árabe, ruso, grego ou italiano. Os seus temas poderían definirse nos mesmos termos que os personaxes que habitan nos filmes do seu guitarrista, o xenial director serbio Emir Kusturica, é dicir: extravagantes, surrealistas, exuberantes ou situados ao límite; todos estes cualificativos xorden coa propia banda e a súa realidade vital e artística, herdada dun tempo e un lugar (a Iugoslavia de entreguerras) que marcou o seu nacemento e desenrolo.

Discografía:

  • 1984 : Das ist Walter
  • 1985 : Dok cekas sabah sa sejtanom (Agardando o infirno co demo)
  • 1987 : Pozdrav iz zemlje Safari (Os mellores desexos desde a terra dos safaris)
  • 1989 : Male price o velikoj ljubavi (Pequena historia dun grande amor)
  • 1997 : Ja nisam odavle
  • 1998 : Black Cat White Cat
  • 2000 : Unza Unza Time
  • 2004 : Life is a miracle
  • 2005 : Live is a miracle in Buenos Aires
  • 2007 : Time of the Gypsies (opera)
  • 2007 : The Wish
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: