MAPS: we can create

21 Xan

mapswecancreate.jpg

preme na imaxe para descargar o disco

Neste tempo de mega-proxectos, onde ás veces o propio produtor elévase ata o rol de estrela por enriba incluso do propio artista, iniciativas como a deste rapaz de Northampton reconcilia a un coa música e a súa inocencia primixenia, aínda que poida rematar converténdose tan só nunha anécdota.

James Chapman perpetrou desde o seu cuarto, armado tan só cun 16 pistas e un secuenciador Yamaha, unha pequena rebelión contra o mainstream na forma de We Can Create, unha das xoias do pasado 2007.Tras ameazar cun primeiro sinxelo (Lost My Soul) que petou forte nas listaxes británicas, Maps despregou toda a súa forza neste álbum composto por once cortes pletóricos de melodías hipnóticas e voces etéreas, todo baixo o ritmo dun elegante latexar electrónico.

En Islandia, coa produción de Valgeir Sigurðsson e as mesturas de Ken Thomas, rematou de perfilarse este agasallo sen altos nin baixos, máxico e, sobre todo, esperanzador.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: