MIRANDA!: el disco de tu corazón

24 Xan

miranda.jpg

preme na imaxe para decargar o disco

Música sen complexos para ouvidos sen prexuízos: iso é o que levan propoñendo os arxentinos Miranda! ao longo da súa carreira. El Disco de tu Corazón é último traballo que presentaron no ano 2007, constituídos xa como  o grupo electro-pop mais exitoso do momento en Latinoamérica, e que fieis ao seu estilo completan 12 temas con letras sinxelas, parvas e ata case inocentes, pero que esconden unha gran maldade: a de seguir soando na cabeza logo de escoitar os seus refráns.
As melodías son máis que efectivas se se trata de facelas pegadizas e desprenden tolemia e mariconeo a chorros, a banda sonora ideal para festas petardas. Trátase de divertirse, non de cavilar sobre a vida, o amor ou o destino da alma. É xustamente o que saben facer moi ben tanto Miranda! como o seu produtor, Cachorro López, e diso non se arredan. Cada un ao seu.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: