CONCERTO DE ENTROIDO EN OURENSE

25 Xan

sonoromaxinauriense.jpg

O sábado 2 de febreiro, a partires das 22 horas, terá lugar no C.C. Auriense da capital das Burgas un Concerto de Entroido. Actuarán O Sonoro Maxín e La Troba Kung-Fú.

O Sonoro Maxín xoga na casa; a banda ourensá trata en cada actuación de sublimar o concepto de verbena, venerándoo a base de ritmos tropicais como a cumbia, a rumba, o reggae ou o ska. Con eles a festa está garantida.

La Troba Kung-Fú chegan desde Catalunya. Trátase do novo proxecto de Joan Garriga, ex-Dusminguet. O seu son nace da experimentación sen complexos coa rumba catalá, afastada de todo academicismo.

As entradas pódense adquirir polos módicos prezos de 5 € (anticipada) e 7 € (no despacho de billetes).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: