CAJUN DANCE PARTY

28 Xan

front-1.jpg

preme na imaxe para descargar as demos, polo intre é o que hai!

En marzo do 2007 saíu un single chamado The Next Untoucheble que, sinceramente, tardei algún mes máis en escoitar por primeira vez. Iso si, cando o fixen, acordei que me atopaba ante un dos grandes temas que nos deixaría o pasado ano. Os responsables desta peza son un quinteto de Londres (catro rapaces e unha rapaza) chamados Cajun Dance Party. O abraio foi completo cando descubrín que no intre da publicación do single ningún dos seus compoñentes chegaba aos 18 anos de idade, a pesares da carga de madurez dramática que transmite o tema desde o inicio ata o fin. O éxito global deste single carrexoulles varias consecuencias (todas positivas): o apadriñamento incondicional dun grande deste negocio como é Thom Yorke, a produción do seu segundo single, Amylase, por parte de Bernard Butler (Suede) e a fichaxe pola discográfica IndieXL.

En resumo, que non lle puideron saír mellor as cousas no 2007 a este grupo cargado de talento e futuro, e que posúen xa no seu haber un bo feixe de temas ben armados. Sen dúbida escoitaremos falar deles en pouco tempo.

Advertisements

2 Respostas to “CAJUN DANCE PARTY”

  1. An 29 Xaneiro 2008 ás 13:15 #

    Se che digo que a meirande parte das bandas grupos etc…que pos eiqui non me soa de nada…encarrabuxaste moito? por que se é asi…mellor calo o peteiro…moi interesante 🙂

  2. vacorinho 29 Xaneiro 2008 ás 14:53 #

    normal, e que algunhas as invento… jajaja
    Un saudo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: