THE CINEMATIC ORCHESTRA: ma fleur

6 Feb

the_cinematic_orchestra-ma_fleur_b.jpg

preme na imaxe se queres descargar o disco

Caín na tela de araña que The Cinematic Orchestra tece coa súa música como case sempre acontecen (polo menos a min) este tipo de cousas: por casualidade.Creo que foi nunha compilación que alguén me pasou onde escoitei por primeira vez o tema To Build a Home, e pensei inxenuamente que este era o tema que levaba anos tentando cantar Chris Martin sen acadalo: Rotundamente triste, perfectamente desolador.Posteriormente descubrín que esa marabilla estaba incluída no disco Ma Fleur, que significaba xa o número sete na carreira musical desta banda inglesa fundada en 1999 por Jason Swinscoe.

The Cinematic Orchestra constitúe unha desas raras avis de difícil cualificación ou clasificación, pandeando o seu xénero desde o nu jazz ata o jazz máis comercial. A publicación de Ma Fleur o 7 de maio do pasado 2007 viña precedido polo enorme éxito do seu anterior traballo, Every Day, con máis de cen mil copias vendidas.

En Ma Fleur o saxofón faise omnipresente como complemento directo das estrofas, sempre a xogar cunhas voces preñadas de calma e melancolía. Para acentuar máis a importancia da parte vogal contaron coa colaboracións de xente como Fontella Bass (subida xa ao altar dos mitos) en Every Day, Lou Rhodes ou o canadense Patrick Watson, que tamén tocou o piano en algún dos temas. O resultado é intenso, un traballo que rabuña na raíz da alma e afonda en conceptos emparentados directamente coa “infinita tristeza” de Manu Chao ou o “desacougo” bravú dos Diplomáticos, expresados esta vez polo virtuosismo onanista do jazz contemporáneo. Atopei neste disco, sen querelo, unha banda sonora ideal para esas tardes de chuvia vividas baixo unha manta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: