DELUXE no Teatro Colón (A Coruña)

8 Feb

1181830428_f.jpg

preme na foto se queres mercar a túa entrada a través da rede 

O día 29 de febreiro no Teatro Colón de A Coruña terá lugar un novo encontro de Xoel López co público que o viu nacer musicalmente. O espectáculo comezará ás 20:30 horas (máis o atraso oportuno). As entradas teñen un custo de 20 € e pódense adquirir na páxina de Caixa Galicia ou chamando ao teléfono 902 43 44 43.

Deluxe puxo en práctica meses atrás un novo xeito de espallar os seus temas, colgando un mensualmente en Internet para que todos aqueles que quixeran puidesen descargalo a través de iTunes. Estas cancións proviñan do material sobrante de Fin de un Viaje Infinito, o seu último álbum. Semella que as cousas non foron demasiado ben, como confirmou nalgunha ocasión o propio Xoel, e a maioría optaron por descargalo gratuitamente desde outras plataformas.

Segundo anuncian na súa páxina oficial, www.xoel.com, a finais do vindeiro marzo está prevista a saída dun novo CD+DVD baixo o nome de Reconstrucción. O CD contará con dez temas inéditos, cinco remesturados e algún regravado dos colgados en internet (dos que xa falamos máis arriba). O DVD conterá os últimos videoclips ademais de abondoso material procedente dos directos da banda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: