THE BLOWS en directo

11 Feb

theblows.jpg 

preme na imaxe e escoita algún dos temas da banda no seu myspace

A banda viguesa The Blows teñen previsto unha serie de concertos no territorio galego nos meses de febreiro e marzo. As datas son as seguintes:

Sala Mardi Gras (A Coruña) Venres 15 de febreiro ás 22:30 h.

Cosmic Pop Club (Carballo) Sábado 16 de febreiro ás 23:30 h.

Sala Babel (Lugo) Venres 4 de abril ás 22:00 h.

Sala Karma (Pontevedra) Sábado 5 de abril ás 22:00 h.

Logo de dous anos de andaina, e tras trunfar en festivais como o Festimad ou Paredes de Coura, o cuarteto de Vigo sacou á venda o pasado 22 de xaneiro o seu primeiro LP, Upskirts (Pupilo Records). Este traballo está conformado por once temas (todos eles en inglés), dos cales dous xa estaban incluídos na autoeditada maqueta do 2006 05.00 AM.

The Blows abrazan un estilo refinadamente arrogante e ambiguo que os leva a emparentar con bandas da corda de The Strokes nalgúns temas, para saltar logo no próximo corte do disco a sons colmados de brutalidade punk, dignificando a memoria de The Stooges e afondando na ferida aberta que o seu guitarreo nervioso non deixa cicatrizar.

Upskirts confirmou todos os bos presaxios que prometía a banda nos seus directos, e levounos a acadar, entre outros, os galardóns de 2ª mellor disco estatal pola revista Mondosonoro ou mellor grupo do estado do pasado 2007 pola organización do Festival Cáceres Pop-Art e Bon Vivant Records.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: