THE FRANK AND WALTERS en Ferrol: crónica do concerto

12 Feb

frankwalters.jpg

The Frank and Walters chámanse así na honra de dous excéntricos personaxes da súa cidade natal, Cork. Este aire de “cachondeo” mantéñeno case vinte anos despois da súa fundación, en 1990. Agora bromean coa súa idade (“Esta canción é de 1991, moitos de vós seguro que aínda non nacérades”) ou con supostos achaques dos que botan man para falar un pouco entre canción e canción cun público que ás veces despistábase por mor dun frouxo inglés e do acento irlandés do cantante e baixo (Paul Linehan). Nunha desas pausas foi cando o batería, Ashley Keating, tratou de buscar a unha ferrolá que fora veciña súa durante tres meses. Non apareceu a tal Noelia pero iso non lle impediu berrar un “¡Viva Ferrol!”.

O concerto dos irlandeses no auditorio da Fundación Caixa Galicia (con boa entrada aínda que non cheo) foi intenso e fíxose curto. Tocaron pouco máis dunha hora temas do seu último disco A Renewed Interest in Happiness, dos seus comezos (o single After All, do 92, é un dos seus maiores éxitos comerciais) e outras grandes xoias que se atopan na súa discografía (de The Glass, un dos seus traballos máis louvados, recolleron un fantástico Talking About You para maior lucimento da voz de Paul Lineham).A actuación comezou forte, amainou durante un par de temas pero, antes de permitir que o público divagase, o trío (a Linehan e Keating acompáñaos o guitarrista Kevin Pedreschi desde 2004) recolleunos de novo con forza para chegar a un final con potentes guitarras e saír despois a facer un bis no que o cantante -que precisaba máis cable no baixo e no micro- case rapeou e rematou posuído polo deus do baile. 

CRÓNICA DE M.R.I. en Diario de Ferrol

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: