WE ALL HAVE HOOKS FOR HANDS: the pretender

14 Feb

the-pretender.gif

preme na imaxe se queres descargar o disco

Eu tamén teño un amigo texano, concretamente de Austin, só que este non foi gobernador de nada, nin sequera presidente da súa comunidade de viciños; Brad, que así se chama, é un apaixonado da música que orbita ao redor do planeta indie-folk americano. It´s amazing! dixo do The Pretender, de We All Have Hooks for Hands, álbum que el mesmo me descubriu e definiu como a grande sensación do 2007. Así que, ben para corroborar ou rebater esta afirmación, decidinme a escoitar esta oitava marabilla procedente de Dakota do Sur.

Cando a música comezou a bulir desde os altofalantes tiven a sensación de que nin era tan incrible nin sorprendentemente nova como ma tentara vender; é máis, sooume como algo a medio camiño entre o cerimonial barroco de Arcade Fire e a tolemia nihilista de Animal Collective.

Chamaron especialmente a miña atención tres cortes do disco: Hold on, C’mon, un barroco sarabullo instrumental que alcanza o seu cumio envolto entre o aire de fanfarria creado polos metais; Elvis “MF” Christ, canción mutante de velocidade tripla, das mellores e máis inquietantes deste traballo; e por último  On & On, unha colección de violíns, guitarras, metais e desafine vogal que sustenta unha sólida estrutura.

Levo días mergullado no folk de coros luminosos, guitarras primaverais e precisos metais proposto por estes rapaces. Sigo convencido de que non foi esta a pedra filosofal do pasado ano, e persisto tamén en sospeitar da súa orixinalidade; pero, ao igual que Brad, fíxenme adicto do festexar constante que crean con cada acorde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: