SILVIA PENIDE: crónica do seu concerto en Ferrol

18 Feb

20071002073233_penidesilvia1.jpg

Silvia Penide abriu a súa caixa de música para deixar entrar nela ós espectadores ferroláns que case case enchían o auditorio da Fundación Caixa Galicia. Os alí presentes (vaia público tan heteroxéneo!) aceptaron a invitación desde o mesmo momento en que prendeu a luz dunha lámpada vermella e comezou o concerto.

A voz desta rapaza de Arteixo ten unha cualidade indescriptible que lle permite cantar, recitar e viaxar de arriba a abaixo ó tempo que obriga a escoitar o que di. Sen escapatoria, nin ganas. Ela é cantautora porque “canto e autoro” pero calquera parecido co tópico é casualidade. Comezando polas letras, que responden á súa peculiar forma de observar e aprender do mundo. Dunha cantante que se confesa prendida desde os 16 anos de Los Enemigos, Extremoduro ou Platero y Tú non se poden esperar lugares comúns.

O seu territorio é o da intimidade, o dos sentimentos, e por aí transitou da man dos temas do seu último traballo, Desafinante Crónica, e das principais cancións dos seus discos anteriores. Aí estiveron, por exemplo, Mi cara por tu cruz, Mi rompecabezas ou Mi cielo, a chave mestra coa que entrara arrasando na desaparecida La Gramola.

Silvia Penide presentouse en Ferrol con banda: con Serxio Moreira no piano, un accidentado Alejandro Massafret no baixo (con esguince na man) e con Marcos Yáñez na batería e no vibráfono.Xuntos crearon unha atmosfera especial e cómplice que foi a máis ata un final co ritmo e a forza de Reventaba ou Grandegigante. Non importou que as rupturas fosen o tema principal da noite de San Valentín. De alí saímos, como ela diría, “autoestimados”. 

Crónica de María Jesús Rico en Diario de Ferrol

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: