LA CASA AZUL na Coruña e Vigo

20 Feb

foto_lacasaazul.jpg

preme na imaxe para acceder ao myspace da banda

Sala Playa Club (A Coruña)

Venres 22 de Febreiro – 00:00 horas.

Anticipada: 15 € (ticktackticket, fnac)

Despacho de billetes: 18 €

Sala Breogain (Vigo)

Sábado 23 de Febreiro – 23:00 horas.

Anticipada: 16,50 € (fnac, tipo)

Despacho de billetes: 18 €

Un concerto que se sae dos estereotipos é o que promete La Casa Azul estes vindeiros venres e sábado na Coruña e Vigo. Expliquemos o por que:

La Casa Azul, máis que unha banda pop, é o proxecto musical e vital de Guille Milkyway: produtor, compositor, arranxista e auténtica alma máter desta tolemia. O seu son nace da mestura da música disco de finais dos 70 e comezos dos 80 (¿de que me sona a min isto?) cos novos aires popeiros chegados desde o afastado Xapón, especialmente do estilo de Shibuya.

O pasado 3 de novembro do 2007 saíu á venda La Revolución Sexual, o seu último traballo, composto de trece temas que supoñen unha evolución en tódolos eidos respecto do feito anteriormente por Guille. O resto da banda (os androides) son David, Clara, Sergio, Óscar e Virginia. A súa participación varía tamén con este novo traballo e a súa correspondente xira. Antes limitábanse a aparecer nos vídeos, presentacións e fotos promocionais, pero non actuaban nos directos. Agora os concertos si contarán coa súa presencia, formando parte dun sorprendente espectáculo audiovisual destinado a combatir a indiferenza.

Así que anímovos, aos que poidades, a participar desta experiencia intencionadamente diferente e xulgar por vos mesmos tanto a envoltura como a música que agocha dentro.

Advertisements

Unha resposta to “LA CASA AZUL na Coruña e Vigo”

  1. Suso Lista 21 Febreiro 2008 ás 22:11 #

    Gracias pola visita. Un saludo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: