LIGHTSPEED CHAMPION: falling off the lavender bridge

22 Feb

lightspeed.jpg

para descargar o disco, preme na imaxe

Adiantabamos meses atrás a inminente saída de Falling off the Lavender Bridge, que supón o primeiro traballo de Lightspeed Champion (o novo proxecto de Dev Hynes tras a ruptura da súa anterior banda Test Icicles).Ben, pois está xa na rúa desde o pasado 21 de xaneiro.

Este disco, auspiciado por Domino Records, representa unha mutación total con respecto ao feito por Hynes co seu anterior trío; un xiro para mellor, sen dúbida, aínda que o resultado non chegue a ser a chave das noces.Abre a sesión un meritorio Galaxy of the Lost, un primeiro acto ao máis puro estilo dun político en campaña, é dicir: promete máis do que pode ofrecer no futuro. Os seguintes cortes non logran manter o nivel inicial, e incluso chegan nalgún intre a resultar abafantes por mor da procura, artificial e innecesaria, de manter invariable a intensidade de voz e instrumentos, non dando tregua e alcanzando a miúdo o efecto dun coche demasiado revolucionado. Cando solta o pedal para explorar ambientes máis íntimos, acada uns mellores resultados, como sucede en Tell me what it´s Worth. Destacables tamén, pero por prescindibles, son os dez minutos de duración de Midnight Surprise, todo un exercicio de como cociñar a lume baixo unha crise nerviosa no oínte.

A pesares de todo iso, Falling off the Lavender Bridge é un traballo digno, e significa un paso importante para un home que de seguro dará grandes alegrías no futuro. Está ben rematado e posúe unha indubidable riqueza instrumental. Así que haberá que ter paciencia e deixar que Dev atope o seu sitio, xa que se consideramos o disco como unha ponte entre Test Icicles e o que nos pode chegar a ofrecer, pois non está mal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: