THE MARS VOLTA: the bedlam in goliath

29 Feb

2197644282_e95345d464.jpg

descargar parte 1ª

descargar parte 2ª

The Mars Volta é un deses grupos privilexiados que descoñecen a experiencia de enfrontarse a unha mala crítica, sempre envoltos nun misticismo algo artificial e cun aura de banda maldita, cicelada por sobredoses e accidentes mortais.

Fundado polo tándem Omar Rodríguez-López (guitarras e produción) e Cedric Bixler-Zavala (letras e voz principal), o cuarteto complétase na actualidade con Isaiah Ikey Owens e Jeremy Ward (aos teclados e como enxeñeiro de son respectivamente). A súa música soe encadrarse dentro do rock progresivo, aderezado con pingas latinas e de jazz.

The Bedlam In Goliath, o seu cuarto disco, constitúe probablemente o traballo de maior inmediatez e menor complexidade dentro da súa discografía, aínda que estas características vense diminuídas pola súa excesiva lonxitude. Amputechture, o seu anterior traballo, plasmou perfectamente a evolución da súa singradura musical cara arquipélagos de maior complexidade, coa conseguinte perda de frescura do resultado. A principal virtude de The Bedlam In Goliath é a recuperación desa chispa primixenia, sen perder unha pinga da voluptuosidade e o barroquismo que xa son marca da banda. Outra característica deste traballo, que pode supoñer un defecto ou unha virtude dependendo do xuíz, é a ausencia das transicións instrumentais presentes nos discos anteriores, que aportaban pequenas doses de tranquilidade entre envite e envite. The Bedlam In Goliath é puro nervio de principio a fin, sen concesións, sen tregua. Algúns entrarán en éxtase en medio desta descarga hardcore, pero os ouvidos máis sensibles poden chegar a angustiarse. Avisados estades.

O álbum foi producido de novo por Rodríguez-López, axudado na área técnica por Robert Carranza. Tamén contaron, novamente, coa colaboración nas guitarras de John Frusciante, dos Red Hot Chili Peppers.

The Mars Volta ten previsto o lanzamento dun DVD filmado por Jorge Hernández Aldana, habitual colaboradore da banda, aproveitando o material recollido nun concerto da súa recente xira australiana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: