THE GIFT: fácil de entender

10 Mar

20080228.jpg

Preme na imaxe para baixar o disco. O código para descomprimir o arquivo é: www.creatix-link.de

Ás veces semella (por desgraza) que de Portugal non nos afasta tan só o río Miño, senón o Océano Pacífico. Esa distancia é importante sexa cal sexa o eido á que a queiramos extrapolar, non sendo a música (ou o coñecemento mutuo das propostas musicais de ambos países) tampouco quen de superala. E cando semella que se pode producir unha excepción, como é o caso de The Gift, está tan cargada de matices que fai que esmoreza a esperanza da supresión desa raia mental que nos afasta.

Porque se ben é certo que The Gift conta dun tempo a esta parte dun importante núcleo de seareiros no noso país, tamén o é que esta eclosión produciuse logo de que a banda de Alcobaça trunfase en media Europa e compartise cartaz en distintos festivais con xente como Massive Atack, Radiohead ou Moby.

O 9 de abril de 2007 publicouse Fácil de Entender, un CD+DVD que supón unha antoloxía en directo do mellor dos seus tres discos de estudio: Vinyl, Film e AM-FM. Deste último inclúense practicamente todos os seus temas.Se hai dúas características que definen o son de The Gift son a elegancia das súas composicións e a impresionante voz de Sonia Tavares, unha virtuosa encantadora de serpes que é quen, a xogar sempre coa música, de penetrar ata o máis fondo da sensibilidade do ouvinte. A banda complétase con Nuno Gonçalves (teclados), John Gonçalves (baixo) e Miguel Ribeiro (guitarra e baixo).

Se ollásemos máis a miúdo cara o sur poderiamos, probablemente,  descubrir cousas moi interesantes, polo quizais sería positivo que a nosa relación co mundo de música portuguesa non se limitase a baixar en manada a Paredes de Coura. Eu polo menos vouno tentar.

 

Advertisements

Unha resposta to “THE GIFT: fácil de entender”

  1. vacorinho 25 Marzo 2008 ás 17:08 #

    O vindeiro 18 de abril as 20:30 horas poderemos ver a The Gift en directo no Teatro Colón da Coruña. Os billetes custan 15 € (prezo único) e pódense adquirir na páxina web de Caixa Galicia.
    Saudos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: