ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS: esto es lo que tienes delante

14 Mar

thumb_200_not_10863.jpg

Informoume Sabela que o venres 25 de abril tocarán na Sala Capitol de Compostela Deluxe e Elodio y los Seres Queridos. O comezo do concerto está anunciado ás 20:00 horas (un pouco cedo para un venres, ¿non? Hai xente que traballa pola tarde).

A verdade é que a noite promete por partida dobre: poderemos gozar de novo da música de Xoel (lembremos que saca novo disco en Marzo) e asistir tamén á actuación dun dos grupos galegos máis interesantes da actualidade, Elodio y los Seres Queridos.

O 10 de decembro saíu á luz Esto es lo que tienes delante, primeira entrega deste novo proxecto de Eladio Santos, quen conta cunha xa longa traxectoria en formacións como Tony Lomba&Elio dos Santos, Medusa ou Los Tres Sudamaricones. Completan a banda Óscar Durán Uka (baixo), Manuel Santamaría (piano) e Marcos Vázquez (programacións, sámpler e proxeccións).

Esto es lo que tienes delante foi editado polo selo discográfico Grabaciones en el Mar (La Habitación Roja, La Costa Brava,…). Conta este disco cunha produción soberbia, que inclúe un moi coidado traballo no tratamento das voces e unha elegante variedade instrumental. Atopámonos ao escoitalo cunhas músicas vernizadas de saudade e tristura, combinadas cunhas letras redondas, preñadas en moitas ocasións da máis ácida das retrancas. Destaco, a título individual, auténticos temazos como No Quiero Perderte, España a las 8 ou Al Himalaya (encántanme eses toques árabes coas cordas), pero o resto das cancións non desmerecen en absoluto, convertendo este debut nunha auténtica delicia.

Estas son as datas previstas para os concertos de Elodio y los Seres Queridos na súa xira galega:  

  • 25 de abril (20:00 horas): Sala Capitol + Deluxe (Compostela)
  • 2 de maio (19:00 horas): FNAC (A Coruña)
  • 21 de xuño (21:00 horas): Multiusos do Sar (Compostela)
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: