IVÁN FERREIRO: mentiroso mentiroso

17 Mar

portada.jpg

preme na imaxe para acceder á web de Iván Ferreiro, desde onde poderás descargar de balde mentiroso mentiroso

Podo prometer e prometo que nunca me gustou en exceso a música de Los Piratas, a pesares de vivir cunha incondicional da desaparecida banda viguesa. Tampouco é que me arrepiasen, máis ben causábanme indiferenza.

Algo similar sucédenme con Iván Ferreiro, aínda que si lle recoñezo o esforzo por percorrer en soidade novos camiños desde a separación do seu antigo grupo no ano 2003. Tras Canciones para el Tiempo y la Distancia (2005) e Las Siete y Media (2006), saca agora Mentiroso Mentiroso, que chegará ás tendas o vindeiro 25 de marzo nunha edición limitada de 10.000 unidades en formato CD-cómic; colaboraron na parte gráfica deste proxecto debuxantes como Ken Niimura, Sagar Fornies ou Paco Roca, entre outros.

Os que non queirades agardar ata ese día podedes baixalo de xeito gratuíto (e legal) desde a propia web do vigués, que afirma que para que o pendure outro dentro duns días do emule, prefiro facelo eu primeiro.

Mentiroso Mentiroso está integrado por 16 temas e, como recoñece o propio Ferreiro, é un álbum moito máis elaborado que os dous anteriores, cociñado a lume baixo e condimentado afeito. Contou para a gravación deste traballo con tres novos membros na súa banda: Pablo Novoa, Toni Toledo e Ángel Luís Samos. Decidiu sacar como primeiro sinxelo Meteoro y el Sr. Conejo, que baixo o meu persoal criterio é un dos temas máis frouxos do disco, pero que serve para anticipar un son máis lene no seu conxunto. Con todo atopámonos ao escoitalo cunha gorentosa diversidade musical que chimpa sen descanso dun lado ao outro da fronteira que separa o pop do rock.

Polo anunciado na súa páxina semella que teremos que agardar para velo en directo na Galiza. As datas previstas son as seguintes: 

  • 23 DE MAIO Pontevedra. Pazo da Cultura
  • 20 DE  XUÑO Sarria (Lugo)
  • 21 DE XUÑO Santiago. Multiusos. Festival Heineken
  • 9 DE AGOSTO Viveiro (Lugo). Festival Heineken
  • 17 DE OUTUBRO A Coruña. Teatro Colón.
Advertisements

4 Respostas to “IVÁN FERREIRO: mentiroso mentiroso”

  1. Hola, te invito a que veas la entrevista que Mara Torres y Carlos del Amor le han hecho a Iván Ferreiro en La 2 Noticias, en nuestra página tienes el vídeo, y si te apetece comentar, opinar… puedes utilizar allí tb los comentarios.

    Vídeos de entrevistas en La 2 Noticias

    Saludos,

    Mara Torres Página no oficial (Labana blog)

  2. weblog 23 Marzo 2008 ás 16:05 #

    ¿Has visto la entrevista que le ha hecho Mara Torres a Iván Ferreiro? Estuvo muy bien 😉

    saludos

  3. SABELA 25 Marzo 2008 ás 12:50 #

    Penso que no do 21 de Xunho van estar deluxe e Quique Gonzalez!!
    Non creo que poda ir, merda de oposicións!!
    bicos.

  4. vacorinho 28 Marzo 2008 ás 11:45 #

    tranqui, Sabela, que se podo xa vou eu por ti e logo cho conto 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: